Skip to content

Datos Empresa

Desde o ano 2000 estamos presentes en Internet coa nosa plataforma ?galiciadigital.com" e con máis de 22 portais de contidos propios, con temas que abarcan desde cultura a deportes, de turismo a empresas pasando por concellos, asociacións, comunicación, emprego, mocidade, etc., e co portal de referencia para coñecer ao pobo galego a través dunha base de datos de persoas que deixaron ou están deixando pegada na nosa comunidade: ?galegos.info?.

Dispomos tamén dun autobús transformado en "Aula Virtual Itinerante". A dotación informática é de 10 computadores para 20 alumnos máis outro para o profesor/monitor. Dispón ademais de "proxector con cámara incorporada", micrófono inalámbrico, aire acondicionado e conexión a internet.

Iniciamos unha nova etapa co portal ? internetgalicia.net? con aplicacións e servizos, ofrecéndoos da forma máis sinxela posible, para que o achegamento a internet poida facerse de forma graduada e facilitemos a integración de particulares e empresas na aldea global que é Internet.

Contamos cun equipo formado polos mellores profesionais do sector, que contan cunha gran experiencia. E sobre todo, contamos cunha inesgotable ilusión, e a satisfacción de estar facendo camiño (galego) no mundo case infinito de Internet.

 

 



INTERDIX GALICIA, S.L (CIF B27256874)
Registro Mercantil de LUGO ( TOMO 287, SECCIÓN 8, HOJA LU-6953, FOLIO 76 )

interdix@interdixgalicia.com - teléfono : 902 190 387